Day(s)
:
Hour(s)
:
Minute(s)
:
Second(s)
Os Xogos do Eixo Atlántico son moito máis que competición. Son encontro, igualdade e cooperación entre dúas terras que comparten historia e futuro. Nesta XVI edición, Santiago de Compostela abre as súas portas a 2.000 deportistas de 28 municipios, nunha cita única que arranca o 5 de xullo coa cerimonia inaugural na Estadio Verónica Boquete de San Lazaro.

Medidas de prevención ante as altas temperaturas
Co fin de garantir a seguridade de deportistas, persoal e público durante a celebración dos XVI Xogos do Eixo Atlántico (5–10 de xullo), a organización elaborou un Plan de Calor ante a previsión de altas temperaturas nestas datas. Entre as medidas máis destacadas:…
Contactos de emerxencia
Mensaxe do Presidente do Eixo Atlántico – Luís Nobre
É con enorme honra e satisfacción que chegamos á XVI edición dos Xogos do Eixo Atlántico, un dos eventos máis queridos e con maior participación de todos os que promove o Eixo Atlántico. O deporte desempeña un papel cada vez máis relevante na sociedade e no benestar da cidadanía, e corresponde ás institucións promover iniciativas que favorezan a súa práctica e desenvolvemento. Cos Xogos do Eixo Atlántico queremos acadar un concepto aínda máis amplo, no que, a través do deporte, procuramos fomentar o espírito de convivencia, o intercambio, a igualdade e o enriquecemento mutuo entre a mocidade do Eixo Atlántico.
Nesta edición, que se celebra no Concello de Santiago de Compostela, reforzamos unha vez máis o noso compromiso coa inclusión mediante a integración do deporte adaptado nas modalidades de atletismo e natación, promovendo a participación de todas as persoas e creando oportunidades de convivencia, aprendizaxe e enriquecemento compartido entre todos os participantes. Estes Xogos, nos que se disputan todas as modalidades tanto en categoría feminina como masculina, contan con arredor de 2.000 participantes. Este elevado nivel de participación é unha mostra da importancia deste evento deportivo e do interese que esperta entre os concellos e entidades membros do Eixo Atlántico, así como entre os seus mozos e mozas deportistas. É isto o que nos motiva a continuar avanzando e a mellorar edición tras edición.
Tendo en conta a tradición deportiva da cidade organizadora e a súa implicación nas actividades promovidas polo Eixo Atlántico, estamos convencidos do éxito desta edición, que volve reafirmar a participación dun número semellante de deportistas en categoría feminina e masculina. Este obxectivo foi traballado de maneira constante ao longo dos anos e consolidouse edición tras edición. Agardamos que esta semana estea marcada pola amizade, a convivencia, a competición saudable e o respecto, e que poidades gozar de todo o que a cidade organizadora preparou con ilusión ededicación para recibervos. Desfrutade dos Xogos!
Mensaxe da alcaldessa de Santiago de Compostela – Goretti Sanmartín Rei
Os Xogos do Eixo Atlántico volven a Santiago de Compostela vinte e un anos despois. Case unha semana de deporte, compañeirismo, intercambio cultural e celebración dunha identidade común. O noso concello volve ser anfitrión dun grande evento de irmandade ente Galicia e Portugal e promoción do deporte e os hábitos de vida saudábeis.
Recuncamos, xa que logo, nun papel de anfitrión. Somos o primeiro de todos os concellos do Eixo Atlántico que recibe esta honra e esta responsabilidade. Polo medio, máis de dúas décadas onde continuamos acompañando os Xogos, asumindo unha forte implicación co Eixo Atlántico e promovendo o deporte en todas as faixas de idade, para todas as persoas.
Santiago é terra de acollida. Final dun Camiño, cidade universitaria, depositaria dun legado patrimonial inmenso: as e os composteláns afacémonos dende moi cedo a contar entre nós con outrosrostros e sotaques. Durante esta semana de Xogos, queremos facer gala dese mesmo espírito. As portas de Santiago sempre están abertas. Dous milleiros de persoas veñen, persoas moi novas, rapazas e rapaces que aquí forxarán lembranzas inesquecíbeis e, seguro, forxarán amizades duradeiras.
Todo o noso municipio se implicou na organización deste evento. O Concello, a Universidade e varios CEIP albergarán nos seus espazos deportivos competicións dos Xogos. Unha rede de pavillóns e infraestruturas deportivas situadas por todo o termo municipal, dentro e fóra da trama urbana, que evidencia a vontade de que cada recuncho de Santiago sexa, do 6 ao 10 de xullo, unha fiestra aodeporte, ao compañeirismo e á máis sa competitividade.
Énchenos de orgullo saber que esta edición, a primeira completamente paritaria dos Xogos do Eixo Atlántico, con modalidade feminina e masculina en todas as disciplinas, é precisamente esta edición tan picheleira. O compromiso coa igualdade é tamén un compromiso co deporte, cun deporte que poidan practicar todas as persoas.
Delegacións

Aloxamento e Transporte








Comedores

Contactos
Área Privada
Política de privacidade
Cookies
Aviso Legal