Transporte
Información importante sobre o transporte urbano gratuíto
Estimados adestradores, responsables e delegados:
Queremos darvos a nosa máis cálida benvida a esta nova edición dos XVI Xogos do Eixo Atlántico. Agardamos que desfrutedes ao máximo desta experiencia, que compartades grandes momentos de compañeirismo e, por suposto, desexámosvos o maior dos éxitos no terreo deportivo. Para facilitar os vosos desprazamentos e axudarvos a descubrir a cidade, a organización fai entrega dunha tarxeta de autobús urbano gratuíto por cada equipo de deporte colectivo.
Procedemento de uso e normas obrigatorias:
- Custodia: A tarxeta será entregada ao adestrador ou responsable do equipo, quen será o encargado de custodiala en todo momento.
- Acompañamento obrigatorio: En ningún caso os menores poderán viaxar sos. Deben ir sempre acompañados por un adulto responsable.
- Identificación: Todos os participantes deben levar visible en todo momento a acreditación oficial que os identifica como membros dos Xogos ao subir ao autobús.
- Validación (Como pasar a tarxeta): O adulto responsable deberá pasar a tarxeta polo lector do autobús tantas veces como persoas vaian viaxar. Exemplo: Se un adestrador viaxa con 3 rapaces, deberá pasar a tarxeta un total de 4 veces seguidas polo lector.
- Uso persoal e devolución: Esta tarxeta é de uso estritamente persoal e intransferible para os responsables autorizados. Unha vez rematada a vosa participación nos xogos, é obrigatorio devolvela á organización.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Que comecen os Xogos e a gozar da experiencia!
Atentamente,
A Organización dos XVI Xogos do Eixo Atlántico
Paradas:
ATLETISMO:
ADOS / CENTRO DE TRANSFUSIÓN (PISTA DE ATLETISMO)
https://maps.app.goo.gl/NtdA23A6ibJAP5NG6
BALONCESTO:
FONTIÑAS (PAVILLÓN MUNICIPAL FONTIÑAS)
https://maps.app.goo.gl/2QyxYxP3WqKTynGC9
LORENZO DE LA TORRE (PAVILLÓN MUNICIPAL LORENZO DE LA TORRE)
https://maps.app.goo.gl/fgFP9jdgikw6SoqB7
PIO XII (PAVILLÓN MUNICIPAL PIO XII)
https://maps.app.goo.gl/SkeWzd8DMncNMuuXA
BALONMÁN:
SANTA ISABEL (PAVILLÓN MUNICIPAL SANTA ISABEL)
https://maps.app.goo.gl/j7Dai36yKXd8VK7y8
ROXOS (PAVILLÓN MUNICIPAL ROXOS)
https://maps.app.goo.gl/PCeJSWdcL5USqmqF8
ADOS / CENTRO DE TRANSFUSIÓN (PAVILLÓN POLIDEPORTIVO USC)
https://maps.app.goo.gl/NtdA23A6ibJAP5NG6
VOLEIBOL
RESTOLLAL (PAVILLÓN MUNICIPAL RESTOLLAL)
https://maps.app.goo.gl/GApWHo2X34cbmPE7A
VITE (PAVILLÓN MUNICIPAL VITE)
https://maps.app.goo.gl/FadNP4AkrK1xdpJj7
PONTEPEDRIÑA (PAVILLÓN MUNICIPAL PONTEPEDRIÑA)
https://maps.app.goo.gl/RTDgnPNmrRMhyy85A
ALOXAMENTOS:
DÁRSENA XOAN XXIII (BURGOS DAS NACIONS-LEMONADE-SAN MARTÍN PINARIO)
https://maps.app.goo.gl/oPNYirm4Laa6hjXn9
ADOS/CENTRO DE TRANSFUSIÓN (MONTE DA CONDESA / VÍA LUCIS)
https://maps.app.goo.gl/NtdA23A6ibJAP5NG6
PARADA DE AUTOBÚS IGREXA VITE/VISTA ALEGRE (RESIDENCIA BURGOS DAS NACIONS)
https://maps.app.goo.gl/pHu3eUcgnbyfJndL8
MONTE DO GOZO
https://maps.app.goo.gl/ERqpawaUumTK4JCWA
PUERTA DEL CAMINO (HOTEL OCA PUERTA DEL CAMINO)
https://maps.app.goo.gl/dg1gMmUNT1mcHttE9
CERIMONIA:
ESTADIO SAN LÁZARO
https://maps.app.goo.gl/m8o3RS4PTAggqLng9

Contactos
Área Privada
Política de privacidade
Cookies
Aviso Legal